Plano de actuación

          El trabajo que se presenta aquí se ha desarrollado en el marco de la asignatura "Ciencias Medioambientales y de la Salud" en cuarto curso de la ESO, participando en ella los alumnos Erea Alonso castro, Marta Irene Ávila Megolla, Alfonso Lamprecht Grandío, Noemí Santiso Mazás, Antía Santos Vidal y Iago Suárez Canosa.

          A actividade que se propón é sinxela e fácil de realizar por cualquera colexio ou agrupación social. O material necesario consiste nun calibre (no seu defecto, unha regra), pesa con sensibilidade de décima de gramo, terra de horta ou de bosque de carballos, ácido sulfúrico ao 1% e contedores para plantar as sementes podendo utilizarse para isto último cartóns de tipo tetrabrik recortando o tercio superior e cortando as dobreces inferiores para que non apoce a auga de rego.

     os pasos a dar son:

- Recollida das landras ou das castañas. No caso de que estiveran molladas pola chuvia procurar secalas en papel de periódico. Entre as castañas escolleranse para a plantación a do medio de cada grupo de tres pechadas na cuberta do froito en forma de cúpula erizada.

- Unha medida imprescindible antes da súa plantación, é introducir os froitos (landras ou castañas) nun vaso con auga e rexeitar as que flotan, posto que probablemente estarán estropeadas ben por ter bicho ben por estar secas.

- A continuación mídense coun calibre (ou regra, no seu defecto) o diámetro máximo e mínimo dos froitos. Para usar unha terminoloxía común, no caso das castañas tomarase como diámetro máximo o diámetro que vai desde o funículo ou parte máis aguda ata o extremo oposto máis achatado. É interesante facer notar que en moitas castañas este diámetro é máis pequeno que o perpendicular. A precisión do calibre será dunha centésima de cm.

- A cada froito se lle asigna un número na táboa que se pode baixar nesta mesma páxina máis abaixo destas líñas.  O ficheiro de abaixo é editable tanto en word como no programa frontpage.

- Posteriormente pésanse cunha pequena báscula que teña de precisión unha décima de gramo.

- Plantar os froitos en series de 60 con terra de horta ou de monte de carballos utilizando ou ben botellas de plástico procedentes de contedores de bebidas ou ben cartóns tetrabrik procedentes de recipientes de leite ou zumos. A tierra ten que estar libre de pedras e solta sen apelmazamentos para que teña unha estrutura aireada e con poros para acumular ou facilitar o paso da auga. Inmediatamente réganse lixeiramente sen que apoce a auga. O rego ha ser de dúas veces por semana evitando a humidade excesiva e o crecemento de fungos. O lugar da plantación ha de ter luz, que será necesaria cando as sementes xerminen, aproximadamente aos tres meses.

- Unha vez cada dúas semanas proporcionarase á segunda metade de cada serie, é dicir a 30 sementes, un pequeno rociado dunha disolución de ácido sulfúrico ao 1% para simular chuvia ácida, deixando as outras 30 sen este tratamento.

- Unha vez que xerminen as plantas, continuarase coa chuvia ácida periódica e anotarase a data da xerminación e a altura das plantas aos seis meses da plantación.

Nota: no caso de dispor de pHmetro, non estaría mal averiguar o pH da terra utilizada na plantación segundo a técnica da "Sociedad Internancional de Ciencia del Suelo", método descrito na obra de Francisco Guitián Ojea "Técnicas de análisis de suelos" (1976):

          · Pesar 10 g de terra tamizada e seca ao aire e colocala nun vaso de precipitados de 100 ml.

          · Engadir 25 ml de auga destilada e axitar varias veces cunha varilla de vidro.

          · Aos 10 minutos de preprarada a suspensión efectuar a medida cun pHmetro, axitando mecanicamente durante a medida.

     A medida do pH da terra deberá repetirse varias veces para obter unha media aritmética das medidas obtidas.

▶ A terra empregada para as landras, noces e a maior parte das castañas veu dunha horta antiga da zona de Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, resultando un valor promedio despois de 10 mediciones cun pHmetro Crison, modelo Basic 20:   4,73

 ▶ A terra de Angrois, unha zona tamén cercana á cidade de Santiago de Compostela, deu unha medida do pH de:    5,01

 

DATOS DE CASTAÑAS DE TRADO E DE PADRÓN

DATOS DE NOCES DUNHA NOGUEIRA DE HOLLARES-VILA DE CRUCES

DATOS DE LANDRAS DE CARBALLO DE BONAVAL   DATOS DE LANDRAS DE CERQUIÑO DE LAVACOLLA

ÁNÁLISE DOS DATOS

INICIO     TÁBOA DE DATOS     VOLVER A BIOGEOCIENCIAS