|
I Congreso da Rede de Universidades polo Clima/I
CONCRESO DE
No marco da Rede de Universidades polo
Clima na que a USC participa a través da coordinación do Plan de
Desenvolvemento Sostible (dependente da Vicerreitoría de Calidade e
Planificación) vaise celebrar o I
Congreso da Rede de Universidades polo Clima (http://www.usal.es/~congresored/index.htm), que terá lugar os días 7, 8 e 9
de novembro na Universidade de Salamanca. O principal obxectivo deste
encontro é presentar as experiencias que as universidades españolas, dende os
seus ámbitos de investigación, xestión e docencia, están desenvolvendo para
avanzar, tanto no estudo, como nas accións de mitigación do cambio climático.
Está xa aberto o prazo para enviar os resumos de comunicacións para
participar no congreso. Este prazo remata o 8 de outubro. Toda a información relativa ás
actividades da Rede se pode atopar na páxina web do Plan de Desenvolvemento
Sostible desta universidade, na cal se recollen todas as
accións que dende a USC se promoven en relación co medio ambiente e o
desenvolvemento sostible. |