HISTÓRICO: PREMIOS - PROXECTOS - ACTIVIDADES RELEVANTES

- Relación dos traballos de premios, proxectos e actividades máis relevantes polos profesores e polo alumnado ¨no IES de SAR-

(clic no nome)

NOME DESCRIPCION

Participación no proxecto Voz Natura, na súa 18ª edición, no curso 2015-16.

Certificación do proxecto (clic)

 500 € concedidos para as investigacións en solos e a súa adecuación para a agricultura de leguminosas (sendo concedido o proxecto para a seguinte edición cunha dotación para o centro de 400 € para a observación e estudo de aves en ríos ou humidais costeiros)..

ANO INTERNACIONAL DA LUZ (2015).

 1ºPREMIO MODALIDADE FOTOGRAFÍA: Aitor Álvarez Hermida  (2º BAC)

Concurso organizado polas tres Universidades galegas e copatrocinado por entidades como The Optical Society, Museos Científicos, Efervescencia, Divulgacion.org, etc. Actividade do Departamento de Física e Química e o Departamento de Debuxo.

VISITA AO CERN EN XENEBRA (SUÍZA) EN 2014.

Actividade do Dpto de Física e Química e o Dpto de Dinamización Lingüística.

Viaxe a Xenebra (Suiza), do 13 e 16 de marzo de 2014.

Participaron 35 estudantes do Bacharelato de Ciencias acompañados polos profesores do Departamento de Física e Química, Isabel Loruido e Ramón Cid, e pola Coordinadora de Dinamización Lingüística Carme Lado. O principal obxectivo da viaxe foi a visita ao CERN, unha das institucións científica máis importantes do mundo.

Ademais, a expedición visitou a Sede da ONU en Xenebra, o Salón do Automóbil (2014) e os lugares máis importantes da cidade suíza.

CONCURSO PARA SECUNDARIA – CERN – PRINCIPE DE ASTURIAS (2014)

 FINALISTA NA MODALIDADE DE DEBUXO/FOTO/VIDEO.

Rocío Liñares Pájaro (1º BAC), coa foto titulada: “Un símil do LHC na natureza”.

O CERN e a Fundación Príncipe de Asturias patrocinaron conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor. Actividade do Dpto de Física e Química.

Participación no proxecto Voz Natura, na súa 17ª edición, no curso 2014-15.

Solicitude (clic), vídeo da memoria final (clic) e certificación do proxecto (clic)

 400 € (sendo concedido o proxecto para a seguinte edición cunha dotación para o centro de 500 €).

CONCURSO PARA SECUNDARIA – CERN – PRINCIPE DE ASTURIAS (2014)

 FINALISTA NA MODALIDADE DE HISTORIA/NOTICIA/ARTIGO. (clic para ver foto).

Iria Docampo Rodríguez (1º BAC), con traballo: “En que en mellorado a Ciencia a miña vida”.

O CERN e a Fundación Príncipe de Asturias patrocinaron conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor. Actividade do Departamento de Física e Química.
Proxecto Rede Auga, curso 2013-14 Concurso para estudar a potabilidade das aguas dos ríos, con dotación económica a cargo do centro de investigación CEIDA da Universidade da Coruña. Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Proxecto Ríos, no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, curso 2013-14 (clic) Ampliación dos estudos sobreo estado estado de conservación do bosque de ribeira utiliznado sistems SIXs, revisando tamén a macrofauna e a potabilidade da agua dos ríos Sar e o río Sarela de Santiago de Compostela. Actividade dos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química, coa colaboración de ADEGA.

Participación no proxecto Voz Natura, na súa 17ª edición, no curso 2013-14

Ver a proposta do traballo (clic) e a certificación do proxecto (clic)

Proxecto financiado pola Fundación Santiago Rey Fernández-De la Torres, con 700 €, como axuda para o axardinamento das zonas verdes do centro con especies autótonas e plantas aromáticas e medicinais empregadas tradicionalmente en Galicia.
Proxecto Ríos, no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, curso 2012-13 (clic) Estudos de campo e laboratorio sobre o estado medioambiental do bosque de ribeira, a biodiversidad da macrofauna e a potabilidade da agua dos dous ríos da cidade de Compostela, o río Sar e o río Sarela. Actividade dos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, e Física e Química, coa colaboración da asociación ecoloxísta ADEGA.
Proxecto Ríos, no marco do Plan Proxecta da Consellería de Educación, curso 2011-12 Comparativa da biodiversidade dos ríos Sar e Sarela. Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía  Física e Química, coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.

CONCURSO ESPACIAL “El espacio en la vida cotidiana”. (2011).  Finalistas na Modalidade de Relato: Sonia Seijo Oubel, Nerea Turnes Boquete e Andrea Viqueira Sebe (1º BAC).

Organizado polo Instituto Nacional de Tecnoloxía Aereoespacial. (INTA) e copatrocinado pola MEC e a FECYT. Actividade do Departamento de Física e Química.

CONCURSO “AFFICHE TON FRANÇAIS” (2011). Grupo de 3º ESO da Sección Europea (Francés): Gañadores do 1º Premio para o nivel de 3º ESO e 4º ESO

Organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG) e Concurso patrocinado pola Editorial Santillana e no que participou o Grupo de 3º da ESO da Sección Europea (Francés) do IES de SAR. Actividade do Departamentoo de Física e Química.

Premios de Latín e Grego acadados por alumnos e alumnas do IES de SAR dende o ano 2012 Premios otorgados a alumnos e alumnas de Latín e Grego nas fases galega e española do Certame Ciceroniano, e tamén no Concurso de Lingua e Literatura gregas.
Proxecto Ríos, promovido pola Consellería de Educación, curso 2010-11 Estudo da microfauna dos ríos Sar e Sarela. Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía  Física e Química, coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA.

Premio "Luis Freire" de Investigación Científica para Escolares. Ano 2011.

Ver o pdf  (clic)

Premio acadado: Quinto premio. O traballo, titulado "¿Nuestros robles sobrevivirán a la lluvia ácida?"  foi realizado polas alumnas de PDC de 3º da ESO, Esperanza Alvarez Vilas, Brenda Hermida Varela, Rosana Martins Cotón y Noemí Pena Vidal. Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

CONCURSO LITERARIO “CIENCIA QUE CONTA” (2010).

 Finalista : Julián González García (4º ESO)

Título do relato: “Un encontro inesperado) ”

 Este certame está organizado polo grupo Divulgatia de Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Barrié e Divulgación.org entroutros.

VII Semana Intercultural do IES do Sar: "Afganistán" (do 25 ao 29 de xaneiro de 2010).

Neste edición estiveron dirixidas ao estudo da problemática de Afganistán, dende diferentes ángulos, como poden ser a situación dos nenos e a guerra, das mulleres e o islamismo e un país desfeito no contexto internacional. Organizan: profesorado de Xeografía e Historia, Economía, Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo e Galego. Colaboran: Biblioteca do IES de Sar, ANPA do IES de Sar, Dep. Normalización Lingüística, proxecto Comenius do IES de Sar e Concello de Santiago.

CONCURSO ESPACIAL “El espacio en la vida cotidiana”. (2009)

 1º Premio na Modalidade de Cómic: Erea Alonso Castro (1º BAC).

Concurso organizado polo Instituto Nacional de Tecnoloxía Aereoespacial. (INTA) e copatrocinado pola MEC e a FECYT. Actividade coordinada no centro polo Departamento de Física e Química.

CONCURSO LITERARIO “CIENCIA QUE CONTA” (2009): 1º PREMIO : Lucía García Cabanas, María Placer Dalama e Alba Varela Mazás (3º ESO)

Título do relato: “Ladrillos diferentes

 Este certame está organizado polo grupo Divulgatia de Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Barrié e Divulgación.org entroutros.

Sarousa nº 1 (Curso 2008-09) Despois do número 0 da revista do centro editada o derradeiro curso, sale este novo número organizado tamén polo Dpto de Normalización Lingüística do centro apoiado por unha subvención da ANPA do centro
Premio "Luis Freire" de Investigación Científica para Escolares. Ano 2009 Premio acadado: Quinto premio. Traballo, titulado "¿Popeye: algas mejor que espinacas?", foi realizado por Gustavo J. Guerrero Vigo y Marcos Iglesias Montoiro. Actividade do Departamento de Física e Química.
Premiadas dúas alumnas do IES de Sar no XI Concurso de carteis do Día das Legras Galegas Premiadas as dúas alumnas do IES de Sar, Melania Freire Vázquez e Cristina García Cabanas, no XI Concurso de carteis do Día das Legras Galegas, organizado polo Corte Inglés.
No IES de Sar desenvolveuse a VII Semana Intercultural dende o 26 ao 29 de xaneiro Neste ciclo anual de conferencias trátanse aspectos sociais e  culturais importantes para a mellora da convivencia e a igualdade Este ano o lema é a alimentación en diferentes parte do mundo, e a súa historia en Galicia
O IES de Sar participou no "I Encontro Solar", actividade para o fomento das enerxías renovables, especialmente a enerxía solar, organizado por ADEGA e o concello de Santiago Alumnos e alumnas do primeiro curso da ESO do IES de Sar  participaron no "I Encontro Solar" que a organización ecoloxista ADEGA e o concello de Santiago de Compostela organizaron o día 4 de xuño na praza da Quintana desta cidade en reivindicación do uso de enerxías limpas, e en concreto da enerxía solar.
Dúas alumnas do IES de Sar gañan o 1º e 2º Premio de X Concurso de Carteis das Letras Galegas 2008, convocado polo Hipercor As alumnas do IES de Sar, Olalla Framiñan González e Laura Romero Pereira, gañan o Primeiro e o Segundo, respectivamente, do "X Concurso de Carteis das Letras Galegas 2008", convocado polo Hipercor
Estudiantes e profesores de ciencias do IES de Sar visitan o CERN. 2008 Visita de alumnos de Ciencias, en compañía de profesores do Dpto. de Física e Química, ao CERN (o centro de investigación máis importante en Física de partículas) e a delegación da ONU en Ginebra
Actividades complementarias e extraescolares realizadas durante o curso académico 2007-08 Actividades complementarias e extraescolares realizadas no IES de Sar durante o curso 2007-08
Proxecto interdisciplinar "Enerxía" Proxecto interdisciplinar "Enerxía" desenvolvido co alumnado do primeiro cursa da ESO no IES de Sar no marco da nova lei LOE
VI Semana intercultural do IES de Sar, adicadas á problematica dos "nenos e nenas do mundo" (2008) (programa) (cartel) Desde o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro desenvolvéronse as actividades destas xornadas sendo xa nunha tradición cultural importante na nosa cidade. Organizan: O profesorado de Xeografía e Historia, Economía, Deseño e Imaxe, cola colaboración do Dep. de Normalización Lingüística e da Biblioteca Escolar do IES de Sar. Colaboraron, ademais, a ANPA do IES de Sar e o Concello de Santiago.
Premio no concurso "El País de los Estudiantes 2007" Carlota García, alumna de bacharelato de artes, premio Nacional á mellor tira cómica na VI Edición do concurso "El País de los Estudiantes"
Visita ao parlamento de Galicia O día 11 de abril o alumnado de Economía de 1º de Bacharelato visitou as dependencias do Parlamento de Galicia e asisteu tamén a unha das súas sesións plenarias.
Celebración do día mundial da poesía no IES de Sar 2007 O alumnado de diferentes cursos do IES de Sar celebrou o día 21 de marzo esta efeméride con distintos actos coordinados por tres profesoras do centro
Intercambio lingüístico cun centro francés de Toulouse 2007 O IES de Sar participa nun intercambio co Lycée Bellvue de Toulouse nos meses de marzo e abril. Departamento de Francés.
Conferencia co título "estrelas dobres" dada por Josefina Ling Ling, especialista en Astronomía e Astrofísica da Universidade de Santiago de Compostela. 2006

JOSEFINA LING LING, Doutora e profesora na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, na área de Astronomía e Astrofísica, e Colaboradoura e investigadora no Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago, deu unha conferencia sobre as "estrelas dobres" o ventres, 16 de marzo de 2007, para o alumnado da área de Ciencias de 4º ESO e bacharelato. Departamento de Física e Química.

9 de marzo 2007, homenaxe a Isabel Yebra-Pimentel "O pasado día 24 de febreiro dixémoslle adeus a unha amiga, Isabel Yebra-Pimentel , para nós Isabel, Isa. Marchouse demasiado axiña, sen avisar e cando menos o esperábamos"
8 de marzo de 2007, día internancional das mulleres traballadoras Lidia Senra, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, deu unha conferencia sobre a problemática dos dereitos da muller labrega e da súa precaria situación na actualidade, contestando a numerosas preguntas do alumnado despois do gran interese que espertou a súa intervención.
V Semana Intercultural do IES de Sar 2007

Entre o día 29 de xaneiro e o 2 de febreiro terán lugar as actividades complementarias da V Semana Intercultural, organizadas polos Dtos. Didácticos de Xeografía e Historia, Economía e o Normalización Lingüística, contando coa colaboración da ANPA do centro.

Exposición "Libros no outono" (novembro de 2006) A natureza de outono bríndanos unha excelente oportunidade para achegármonos aos libros que a biblioteca do centro nos presenta nesta fermosa exposición elaborada pola profesora Dª. Mª. Xósé Molina Blanco, profesora de Economía e encargada da Biblioteca do centro.
Visita ao museo e ás cubertas da catedral por alumnos e alumnas do IES de Sar (2006) Un grupo de alumnos e alumnas do IES DE Sar matriculados na asignatura de "Relixión Católica" e na de "Alternativa á Relixión" visitaron o día 9 de maio o museo e os distintos niveis de cubertas da catedral de Santiago de Compostela.
Alumnos e alumnas do IES de SAR acadan o Primeiro Premio no Certame de Teatro Intercentros - Curso 2005-06 UN GRUPO DE ALUMNOS E ALUMNAS DO IES DE SAR ACADA O PRIMEIRO PREMIO NO CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS PARA O CURSO 2005-06 PATROCINADO POLO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
 Reunións de traballo do proxecto europeo Comenius en Bélxica e en Polonia Profesores e alumnos do proxecto Comenius do IES de Sar e doutros cinco centros europeos teñen realizado dúas reunións de traballo nos dous últimos anos, unha a Bélxica no ano 2005 e outra a Polonia no ano 2006
Conferencias sobre a igualdade da muller (2006) (información) (cartel) VIII Ciclo de Conferencias no IES de Sar. Ver fotos na sección FOFOGRAFÍAS. Departamentos de Xeografía e Historia, e Economía.
IV Semana intercultural, sobre África. 2006

Imaxes e resumo de actividades. Organizou: Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. Coraboraron: Departamento de Orientación, ANPA do IES de Sar, CITE e “Paz e Solidaridade”, Foro pola inmigración, Departamento de Actividades Extraescolares e complementarias. Organizou:

Departamentos de Economía e de Xeografía e Historia. Coraboraron: Departamento de Orientación, ANPA do IES de Sar, CITE e “Paz e Solidaridade”, Foro pola inmigración, Departamento de Actividades Extraescolares e complementarias.

Excursión Vigo 2006 Imaxes e resumo de actividades. Departamento de Economía.
Eclipse solar (2005) Resumo da actividade (ver sección "fotografías") Actividade interdepartamental baixo a coordinación do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Proxecto Terra, en diferentes cursos académicos O IES de Sar por mediación do Departamento de Xeografía e Historia acadou varios proxectos Terra promovidos polo Colexio de Arquitectos da Coruña, que facilitaron o transporte e aloxamento con manutención do alumnado por un día para ver e estudar pobos restaurados cunha especial relevancia arquitectónica cultural e etnográfica.
PlanBE e proxectos de club de lectura para bibliotecas escolares O IES de Sar acadou dous proxectos PlanBE con importante dotación económica e numerosos proxectos financiados para promovoer a lectura entre a comunidade educativa
Triptico Sar para celebrar o X Aniversario da creación do IES de SA R (2004) Galería de imaxes na cal se pode ver as distintas etapas polas que pasou o I.E.S de SAR. Realización a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
El país de los Estudiantes (participación: anos 2002, 2003, 2004, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014) Periódico realizado polos alumnos de Sar, editado polo diario "El Pais".
Cadea humana en denuncia do verquido petroleiro do Prestige. Novembro 2003. Galería de imaxes na cal se pode observar o día que o I.E.S de SAR participou na cadea humana organizada polo afundimento do Prestige.
Premio "Luis Freire" de Investigación Científica para Escolares. Ano 2002

Premio: Accesit. O traballo, titulado "¿Están vivas las legumbres del hipermercado?", foi realizado por Jorge Álvarez Pereira, Xosé Antón García Ferreiro, Ismael Otero Ramos, Juan Sande Puga e Arturo Turnes Blanco (La Voz de Galicia, 25/05/2002). Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Manifesto no IES de Sar para esixir o cese da represión que sofre o pobo palestino

(La Voz de Galicia, 9/04/2002)

O alumnado e gran parte do profesorado, no descanso entre as 12.25 e as 12.30, gardaron cinco minutos de silencio sostendo unha pancarta baixo o lema "Galiza Palestina, solidariedade", pedindo a reconstrucción das infraestruturas e institucións palestinas destruídas por Israel.
Estudantes do IES de Sar participan no Correlingua en Compostela 2002 (La Voz de Galicia 4/05/2002) Na actividade participou profesorado do centro baixo a coordinación do Departamento de Normalización Lingüística.
Excursión a Canaria (2004) Galería de imaxes da excursión a Canarias realizada polos alumnos do bacharelato de ciencias no curso 03/04
Intercambio con Francia (2004) Galería de imaxes -  intercambio con Francia no ano 2004. Actividade do Departamento de Francés.
EQUIPO BALONCESTO CURSO 2003/04 Imaxes da participación do equipo de baloncesto do IES de Sar no campeonato escolar da cidade de Santiago de Compostela.
El país de los Estudiantes (participación nos anos 2002) (ver hemeroteca do xornal El Pais) Periódico dixital realizado polos alumnos de Sar, no marco do concurso convocado polo diario "El Pais". Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Quimica
 Traballo publicado en ENCIGA sobre a potabilidade das fontes do barrio de Sar,  2002 Potabilidade das fontes do barrio de Sar de Santiago de Compostela. Curso 2000-01. Amósase a análise realizada en decembro de 2001. Actividade do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO (2001) Laura Rouco y Lorena Domínguez, alumnas do IES de Sar acadaron este ano dous dos tres premios extraordinarios de Bacharelato convocados pola Xunta de Galicia. As galardonadas compaxinan os seus estudos coa música e a narración poética.
"As fontes de Santiago", convenio entre o Concello de Santiago de Compostela, a empresa  Aquagest e o IES de Sar, realizado durante os cursos 1999-2000 e 2000-01, seguido pola análises das fontes do barrio de Sar ata o curso 2013-14 Extenso estudio  sobre as augas das fontes de Santiago de Compostela coordinado polos profesores do departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Esther Romero, Pablo Gómez e Leopoldo Bahillo.
   
Participación en diferentes proxecto europeos, Socrates e Comenius, financiados pola Unión Europea Dende o curso 1998-99 o IES de Sar participou en numerosos proxectos Socrates e Comenius, dando a oportunidade ao alumnado e profesorado de compartir experiencias e vivencias outros centros escolares de Europa, facilitando a multiculturalidade e a integración europea.
Devesa da Rogueira no Courel (febreiro 1998) Excursión ao emblemático bosque de faias máis ao sur de Europa na serra do Courel, "A devesa da Rogueira".
CAMIÑO SANTIAGO (maio 1997) Itinerario ambiental no camiño Francés "O cebreiro-Portomarín", como excursión de fin de curso de cuarto da ESO. Actividade coordinada polos Departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, e Francés.
FOTOGRAFÍAS DO CENTRO   ||   OBRAS DO ALUMNADO DO BACHARELATO DE ARTES E OUTRAS REPORTAXES DENDE 2009 NA GALERÍA FLICKR