I MASA CRÍTICA GALEGA

      

     O vindeiro día 22 celebrarase o I MASA CRÍTICA GALEGA ás 12:30 horas na Alameda de Santiago de Compostela. Esta reunión está convocada pola Asociación MASA CRÍTICA que ten como obxectivo básico a procura dunhas cidades máis amigables con menos contaminación e menos coches, onde o medio de trasnporte máis empregado sexa o que menos contamine, en concreto a bicicleta. Estas reunións organízanas ciclousuari@s que realizan un pase en bici polas cidades. Estes eventos celébranse unha vez ao mes en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema “Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes”. Estas reunións comezaron en San Francisco (EEUU) en 1992.

     O nome de “Masa Crítica” ven do documenta “Return of the scorcher” de Ted White, no que se describían as normas que rixen o cruce dos peóns nas interseccións nas grandes cidades chinas: o tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica suficiente que lle permita a parar o fluxo principal de tráfico, que á súa vez forzará outra masa crítica para recuperar a circulación de novo.

     O nome de "Masa Crítica" vendo documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas definíanse como unha cuestión de masa crítica: O tráfico para cruzar ten que agardar ate que acada unha masa crítica que lle permite meterse e frear o fluxo principal de tráfico que vese na origa de parar ate alcanzar a súa vez a masa crítica suficiente para poder circular de novo.

     De seguido engadimos dous párrafos recollidos precisamente da web dende a cal se convoca esta reunión:

- "Hemos que ser conscientes da pegada ecolóxica que conlevan as nosas necesidades de desprazamento, dos custos ambientais e sociais que representan. Temos que avaliar a realidade desas necesidades e o xeito de realizalas co menor custo posible. Temos que recuperar a nosa centralidade como parte da cidade, desbotando o coche, e a actitude que representa, do noso xeito de vida. Temos que recuperar as rúas, as prazas, a convivencia, o xogo na rúa. En definitiva, temos que rehumanizar as cidades. Un elemento fundamental nesa humanización son as posibilidades que ofrece a bicicleta."

- "Máis a bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas."