I Congreso da Rede de Universidades polo Clima/I CONCRESO DE LA RED DE UNIVERSIDADES POR EL CLIMA

      

     No marco da Rede de Universidades polo Clima na que a USC participa a través da coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible (dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación) vaise celebrar o I Congreso da Rede de Universidades polo Clima (http://www.usal.es/~congresored/index.htm), que terá lugar os días 7, 8 e 9 de novembro na Universidade de Salamanca. O principal obxectivo deste encontro é presentar as experiencias que as universidades españolas, dende os seus ámbitos de investigación, xestión e docencia, están desenvolvendo para avanzar, tanto no estudo, como nas accións de mitigación do cambio climático. Está xa aberto o prazo para enviar os resumos de comunicacións para participar no congreso. Este prazo remata o 8 de outubro.

     Toda a información relativa ás actividades da Rede se pode atopar na páxina web do Plan de Desenvolvemento Sostible desta universidade, na cal se recollen todas as accións que dende a USC se promoven en relación co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.