XX CONGRESO DA ASOCIACIÓN DOS ENSINANTES DE CIENCIAS DE GALICIA (ENCIGA)

      

     Os días 22, 23 e 24 de novembro de 2007 celebrarase o XX Congreso desta asociación, a máis importante do profesorado galego dos tres niveis educativos, no Hotel Carlos I de Sanxenxo (Pontevedra). Nos derradeiros anos este Congreso, de periodicidade anual, reúne a máis de 300 profesores e profesoras dos diferentes ámbitos da Educación, non só de Galicia, senón tamén doutras partes do estado español, Portugal e outros países, como Cuba, Italia, etc. Este ano agárdase unha gran participación por tratarse do XX Centenerio, feito polo que se escollei un lugar dos máis emblemáticos da fermosa costa galega.

     ENCIGA ven realizando moitas actividades de difusión da Ciencia e de finalidade didáctica, como Ciclos de Conferencias con importantes invitados, Exposicións, etc. Para ver o seu traballo ENCIGA  invítalles a ver a súa páxina web.